Antonio Jesús

Gil González, Antonio Jesús

Profesor titular de Teoría da literatura e literatura comparada

aj.gil@usc.es

Antonio J. Gil González (Vigo, 1968), é doutor en Filoloxía por la Universidade de Salamanca (1997) e profesor titular de Teoría da literatura e literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (2003-), onde imparte as materias Intermedialidade e cultura de masas, Ciberliteratura e cultura dixital, Análise cultural e Literatura e arte no mundo moderno e contemporáneo. No último curso foi catedrático invitado da Universidade de Borgoña e Franco Condado en Besançon e no curso actual foi investigador convidado do Programa Salvador de Madariaga na devandita universidade en Dijon. Con anterioridade foi catedrático convidado da Universidade de Tours, así como profesor convidado nas universidades de Brno, Braga, Dijon, Mar del Plata, Salamanca ou Sevilla.

É coordinador do Erasmus Mundus Master Crossways in Cultural Narratives da USC e da Red internacional sobre metaficción en el ámbito hispánico, así como investigador principal do proxecto de investigación do Plan Estatal de I+D Intermedialidad, adaptación y transmedialidad en el cómic, el videojuego y los nuevos medios.

Como investigador dedícase principalmente ao estudo comparado da intermedialidade, á narrativa española do século XXI e ás novas narrativas interactivas. Neste campo é autor de +Narrativa(s). Intermediaciones novela, cine cómic y videojuego en el ámbito hispánico (Ediciones Universidad de Salamanca, 2012) así como autor e editor de Adaptación 2.0. Estudios comparados sobre intermedialidad (Orbis Tertius, 2018).

Como crítico cultural é autor das seccións “La literatura en la Play” no suplemento cultural de Eldiario.es, Diario Kafka e Narrativa aumentada en El Cuaderno. Cuaderno Digital de Cultura.

Curriculum

Publicacións