
Seminario: “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” A cargo de Annick Louis coa colaboración de Marcelo Topuzian
Datas: 14 e 15 de decembro de 2023
Nesta terceira edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Annick Louis (École des hautes études en sciences sociales, París), coa colaboración de Marcelo Topuzian (Universidad de Buenos Aires), tráennos o seminario “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” no marco do Proxecto de investigación «La inscripcion de la memoria cultural en el espacio publico: Estrategias de consumo institucional del pasado literario (1837-1978)» (PID2021-127259NB-I00, MCINN). A celebración deste será na sala B13 da Facultade de Filoloxía os días 14 e 15 de decembro entre as 11:30 e as 13:30.