TLLC

O grupo de investigación Teoría da literatura e Literatura comparada (GI-1371) está formado por membros da área de coñecemento homónima, integrada no Departamento de Lingua e literatura españolas, Teoría da literatura e Lingüística xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Configúrano na actualidade 15 investigadoras/es, xunto con tres investigadoras en formación. O coordinador é o profesor Anxo Abuín González.