Volver á listaxe

Roma acolle o Simposio Hermes baixo o tema da "vulnerabilidade"

Roma acolle o Simposio Hermes baixo o tema da "vulnerabilidade"

O Consorcio Hermes para os Estudos literarios e culturais, do que forma parte o grupo de investigación TLLC, celebra entre o 18 e o 22 de xuño en Roma o seu seminario anual, arredor do tema da "Vulnerabilidade". Neste simposio estarán presentes varios membros do grupo, como Fernando Cabo e Cristina Rueda Lesmes, que presentará unha comunicación.

A USC, a través do grupo de investigación en Teoría da literatura e Literatura Comparada (TLLC), é membro do Consorcio Hermes para os Estudos Literarios e Culturais, canda integrantes de Bélxica, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Reino Unido, Países Baixos, Portugal, Francia e Estados Unidos, cunha probada marca de excelencia internacional no campo dos estudios de Literatura Comparada.  

 

A escuela de verán anual do Consorcio, acollida cada ano por unha das instituciones que o conforman, reúne especialistas e delegados das universidades socias, ademais de a 22 estudantes de doutoramento. Durante estes días celébranse talleres de formación intensiva, preséntanse investigacións en marcha e compártense metodoloxías e temas de investigación, co obxectivo de publicar un volume anual cos traballos presentados no simposio. 

 

Na edición de 2018, que se celebra no Istituto Italiano di Studi Germanici de Roma, o tema elixido é a “Vulnerabilidade”. Explorarase a ambivalencia intrínseca deste concepto, que suxire ao tempo fraxilidade e apertura, prestando atención ás narrativas da vulnerabilidade mais tamén ás distintas formas nas que os textos e as tradicións se fan vulnerables, a través da perda, da censura, da intervención editorial ou da interpretación. 

 

A Universidad de Santiago de Compostela estará representada polo coordinador do grupo TLLC, Fernando Cabo Aseguinolaza, que modera un panel sobre “Vulnerabilidades urbanas” e pola estudante de doutoramento Cristina Rueda Lesmes, que presenta a ponencia titulada "Vulnerability, Alterity, and Insubordinate Space in Tarkovski’s Stalker: A Geocritical Approach to Vulnerability”.