Volver á listaxe

Aberta a convocatoria de comunicacións para o Simposio Internacional CIPPCE 2019

Aberta a convocatoria de comunicacións para o Simposio Internacional CIPPCE 2019

Celebrarase o 4 de maio en Compostela baixo o título "Cidadanía e identidade. Expresións políticas, económicas e culturais no século XXI"

 

A Facultade de Filoloxía da USC acollerá o vindeiro 4 de maio de 2018 o Simposio Internacional CIPPCE 2018 e o prazo para presentar comunicacións está aberto ata o 1 de abril. 

 

O título do Simposio, organizado polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, é "Cidadanía e identidade. Expresións políticas, económicas e culturais no século XXI”, e as liñas temáticas previstas son as seguintes: 

 

  • Cidade e cidadanía: representacións textuais e visuais
  • Cidade e feito turístico
  • Cidadanía, demografía e familia
  • Comunidades locais
  • Espazo urbano: usos e historia
  • Emerxencia de movementos sociais e cidadáns
  • Activismos artísticos
  • Cidade e xénero

 

As investigadoras e investigadores que o desexen poderán enviar propostas indicando o título, o nome do autor/a e un resumo de 150 palabras aproximadamente. As comunicacións serán de 20 minutos e as linguas admitidas son o galego, o portugués, o castelán, o inglés e o francés. As propostas terán que remitirse ao correo cippce.usc@gmail.com, co 1 de abril como último día de prazo, e as respostas do comité organizador daranse ata o 6 de abril. Unha selección dos traballos participantes será publicada na colección Cadernos CIPPCE.

 

No comité organizador están os profesores Anxo Abuín González, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Freire Esparís, Nieves Herrero Pérez, Mª Xesús Nogueira Pereira e Felisa Rodríguez Prado, mentres que forman parte do comité científico os profesores Ana Aguado Higón (Universitat de València), Arturo Casas Vales (Universidade de Santiago de Compostela), Emmanuelle Garnier (Université de Toulouse), Laura Guerrero Guadarrama (Universidad Iberoamericana Ciudad de México), Xerardo Pereiro (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro), María Xosé Rodríguez Galdo (USC) e Meri Torras (Universitat Autónoma de Barcelona).