Todos as publicacións

«“Unha casa para Lupe Gómez: espazo, afecto e memoria en Camuflaxe (2017)”. Boletín Galego de Literatura, nº 58, pp. 5-22.»

Costas López, Gisella (2021)

Ano: 2021

doi: https://doi.org/10.15304/bgl.58.7291

Palabra chave: espazo, afecto, memoria, Camuflaxe, Lupe Gómez

Subliñas de investigación: A25. Estudos de xénero; A23. Suxeito e afectos; A24. Memoria, intervención, esfera pública;

Url: https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/7291

Camuflaxe, publicado e recoñecido en 2017 co Premio da Crítica Española, é un dos últimos libros de poemas escrito pola autora galega Lupe Gómez. Nas súas páxinas, que abordan temas tan íntimos como a infancia, a casa familiar ou os lazos materno-filiais, está latente o compromiso dunha conciencia literaria que busca representar os custos da perda e da destrución tanto da terra como dos modos de vida vencellados ao rural galego. Con este propósito, a autora artella un poemario no que se cruzan os afectos e a memoria, tanto colectiva como privada, no espazo da periferia galega, elementos que serán analizados a fin de comprender a maneira na que se relacionan e constrúen o ambiente que envolve os poemas. En definitiva, Lupe Gómez sérvese da palabra poética como lugar de memoria para denunciar unha realidade marcada pola inxustiza social dando lugar, deste xeito, a un discurso poético de resistencia.

Forma de citación:

Costas López, Gisella. 2021. “Unha casa para Lupe Gómez: espazo, afecto e memoria en Camuflaxe (2017)”. Boletín Galego de Literatura, nº 58, pp. 5-22

 

Máis publicacións de: