María do Cebreiro

Rábade Villar, María do Cebreiro

Profesora Titular de Universidade

m.rabade@usc.es

María do Cebreiro Rábade Villar é profesora titular de Teoría da literatura e Literatura comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce como investigadora do Grupo de Referencia Competitiva GI-1371. As súas principais liñas de investigación son a teoría do poema, o estudo comparado das escolmas de poesía no eido peninsular e a narrativa do século XIX, temas que foron obxecto de capítulos de libro e artigos en revistas como Bulletin of Hispanic Studies, Rilce, Revista de Literatura, Romance Notes, Hispanófila, Revista de Estudios Hispánicos, Revista Canadiense de Estudios Hispánicos, Revista Hispánica Moderna ou Anales de la Literatura Española Contemporánea. A súa monografía Política y afectos. La comunidad sensible en la obra de Rosalía de Castro recibiu a mención honorífica do premio Margit Frenk de la UNAM (2014). É autora das monografías As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. Representación poética e ficción lóxica (USC, 2004), premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica; e Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro (Icaria, 2012), en coedición con Helena González. Dirixiu un proxecto de investigación financiado sobre a obra narrativa de Rosalía de Castro. Recentemente, gañou o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021 coa obra Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, que sairá do prelo na primavera de 2022. O seu Researcher ID é E-6351-2016 e o seu código ORCID é 0000-0003-4164-1659.

 

 

 

 

 

Curriculum

Publicacións