María Teresa

Vilariño Picos, María Teresa

Profesora Titular de Universidade

mteresa.vilarino@usc.es

María Teresa Vilariño Picos (Ferrol, 1969) é Profesora Titular de Teoría de la Literatura e Literatura comparada (Universidade de Santiago de Compostela) e Doutora por esta mesma Universidad coa tese Fenomenología y Estilística literaria: el caso español. Caracterízase por un perfil académico interdisciplinar que une a Teoría literaria e a Literatura Comparada coa medicina, ao posuír un Mestrado en enfermidades raras conxénitas do metabolismo, e a Educación social e a Psicoloxía. Foi coordinadora do Mestrado Mundus Crossways in Cultural Narratives, así como do programa de Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura.

Se o seu primeiro libro, La idea de la Literatura. Fenomenología y Estilística literaria en el ámbito hispánico (Zaragoza: Tropelías, 2001), revisaba os vínculos entre a Literatura e a Filosofía, desde o ano 2003 os seus traballos céntranse no estudo das Humanidades e da Cultura dixital (Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros/A Muralla, 2006 o Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidad de Santiago de Compostela, 2011). Os seus proxectos actuais aproxímanse a conceptos como os de intermedialidade, transmedialidade, espazos reactivos ou Intelixencia artificial e destacan a importancia da cidade e da arquitectura para a comprensión dos videoxogos, a ciberpoesía ou as contornas virtuais. O seu último libro publicado titúlase Narrativas cruzadas: Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales (Vigo: Academia del Hispanismo, 2017). Actualmente as súas investigacións céntranse no campo das Humanidades dixitais e a súa pedagoxía, así como na aplicación da educación social á innovación educativa universitaria.

Outras informacións de interese

  • Membro da Comisión de Docencia e Asuntos Académicos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela desde 2001. (USC)
  • Membro Comisión Académica do Máster en Estudos da Literatura e da Cultura desde 2013. (USC)
  • Membro da Comisión de Prácticas Externas do Máster en Estudos da Literatura e da Cultura desde 2016. (USC)
  • Membro da Comisión de asuntos Culturais da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela desde  2016. (USC)
  • Directora do Proxecto íchnós. Laboratorio de Educación para o desenvolvemento sostíble.
  • Coordinadora das materias Texto, Imaxe, Cibertexto e Conceptos fundamentais en Teoría literaria e Literatura Comparada. (USC)
  • Membro do Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago de Compostela (CEFILMUS)
  • Membro do Centro de Investigación de Estudos e Procesos Emerxentes da Universidade de Santiago de Compostela (CIPPCE)
  • Membro do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
  • Membro do Directorio de Mulleres Expertas do Servicio Galego de Igualdade. (Xunta de Galicia).
  • Membro do Observatorio para a Cibersociedade (OCS)
  • Membro do Núcleo de Pesquisas em Informática, Literatura e Lingüística. NUPILL. Brasil.
  • Membro de Narratopedia. Universidad Javeriana de Colombia.
  • Membro do Grupo Norte de innovación docente en Análisis Crítico da Literatura e da Cultura da Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC). GID-76. 
  • Membro do Grupo de Investigación en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC). Director principal Fernando Cabo Aseguinolaza. GI-1371.
  • Miembro de EcoLab.gal. USC. Director César Pablo Domínguez Prieto.
  • Membro do Proxeto Performa. O teatro fóra do teatro. USC
  • Membro do Proxecto Nar_Trans. Narrativas transmediais (Universidad de Granada)

 

Publicacións