María do Cebreiro

Rábade Villar, María do Cebreiro

Profesora Titular de Universidade

m.rabade@usc.es

María do Cebreiro Rábade Villar é profesora titular de Teoría da literatura e Literatura comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce como investigadora do Grupo de Referencia Competitiva GI-1371. As súas principais liñas de investigación son a teoría do poema, o estudo comparado das escolmas de poesía no eido peninsular e a narrativa do século XIX, temas que foron obxecto de capítulos de libro e artigos en revistas como Bulletin of Hispanic StudiesRilceRevista de LiteraturaRomance NotesHispanófilaRevista de Estudios Hispánicos, Revista Canadiense de Estudios Hispánicos, Revista Hispánica Moderna ou Anales de la Literatura Española Contemporánea. A súa monografía Política y afectos. La comunidad sensible en la obra de Rosalía de Castro recibiu a mención honorífica do premio Margit Frenk de la UNAM (2014). É autora das monografías As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. Representación poética e ficción lóxica (USC, 2004), premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica; e Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro (Icaria, 2012), en coedición con Helena González. Dirixiu un proxecto de investigación financiado sobre a obra narrativa de Rosalía de Castro. Recentemente, gañou o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021 coa obra Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, que sairá do prelo na primavera de 2022. O seu Researcher ID é E-6351-2016 e o seu código ORCID é 0000-0003-4164-1659.

 

 

 

 

 

Curriculum

Publicacións