Fernando

Cabo Aseguinolaza, Fernando

Catedrático de Universidade

fernando.cabo@usc.es

Fernando Cabo Aseguinolaza (Santiago de Compostela, 1961) é catedrático de Teoría da literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse con Premio Extraordinario en 1990. Foi Director do Departamento de Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral, Coordinador do Programa de Doutoramento de Estudos da literatura e da cultura, Director do Centro de Estudos Avanzados e Presidente da Asociación Española de Teoría da literatura. Coordinou ata 2021 o Grupo de Investigación de Teoría da literatura e Literatura comparada, que obtivo en catro convocatorias sucesivas a consideración de Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia.

Editou diversas obras do século de ouro español, como El Buscón (Crítica, 1993; Galaxia Gutenberg, 2011) ou, en colaboración con Santiago Fernández Mosquera, Execración contra los judíos (Crítica, 1993 e 1996). Tamén é autor dos libros El concepto de género y la picaresca (USC, 1992), Infancia y modernidad literaria (Biblioteca Nueva, 2001), Manual de teoría de la literatura (Castalia, 2006), xunto con María do Cebreiro Rábade Villar, e El lugar de la literatura española (Crítica, 2012), noveno volume da Historia de la literatura española dirixida por José-Carlos Mainer, así como de numerosos artigos sobre teoría da literatura, literatura comparada e teoría da historia literaria. É autor así mesmo de varios traballos de investigación sobre Álvaro Cunqueiro, Xosé Luis Méndez Ferrín e, particularmente, a obra narrativa de Rosalía de Castro. Froito do traballo no marco da International Comparative Literature Association, en 2010 apareceu publicado na editorial John Benjamins o primeiro volume da Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula, da que é coeditor e colaborador. Máis recentemente é un dos editores do volume Textualidades (inter)literarias. Lugares de lectura y nuevas perspectivas teórico-críticas, publicado por Iberoamericana Vervuert en 2020.

Na actualidade dirixe, xunto con María do Cebreiro Rábade, un proxecto de investigación titulado "Cartografias do afecto e usos publicos da memoria: unha análise xeoespacial da obra de Rosalia de Castro" (FFI2017-82742-P), financiado polo MINECO (período de execución: 01/01/2018-31/12/2021).

Curriculum

Publicacións