Darío

Villanueva Prieto, Darío

Catedrático Emérito de Universidade

dario.villanueva@usc.es

DARÍO VILLANUEVA é Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (1972) e Doutor pola Universidad Autónoma de Madrid (1976). Director da Real Academia Española entre 2014 e 2018, período no que presidiu a Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE) e foi vicepresidente e presidente do Instituto de España. En 2008 o seu discurso de ingreso na RAE titulouse El Quijote antes del cinema. Foi presidente de ASALE, a Asociación española de Teoría da Literatura. Presidente de honra da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, é catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor entre 1994 e 2002, e decano da súa Facultade de Filoloxía entre 1987 e 1990. Entre 1998 e 2002 presidiu a Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN). Recibiu doutoramentos honoris causa por catorce universidades de Arxentina, China, Ecuador, España, Estados Unidos, Honduras, Nicaragua, Perú, Reino Unido e Suecia. A súa Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), escrita en colaboración con J. M. Viña Liste, foi traducida ao árabe polo Consejo Superior de Cultura de Egipto (1998). Entre os seus últimos libros atópanseValle-Inclán, novelista del Modernismo (2005), La poética de la lectura en Quevedo (2007), Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca (2015), premio internacional de investigación humanística da Sociedad Menéndez Pelayo, e Introducing Comparative Literature. New Trends and Applications (Londres, 2015), escrito canda César Domínguez Prieto e Haun Saussy, xa traducido ao español e ao árabe, e en proceso de tradución ao chinés. De Teorías del realismo literario, cuxa terceira edición apareceu en 2020, hai unha versión inglesa publicada en 1997 por CUNY Press, Nueva York. Foi membro nato do Consello de Estado entre 2015 e 2018. Pertence desde a súa fundación a CEFILMUS, o Centro de estudos fílmicos da USC. Exerceu varios cursos como profesor de análise do guion e da adaptación cinematográfica na Facultade de Ciencias da Información da súa Universidade. Dirixe o consello científico da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e as coleccións Clásicos do Pensamiento Universal da USC e da Biblioteca Castro. O seu último libro ata o momento é El Quijote antes del cinema: Filmoliteratura (Visor, Madrid, 2020).

Curriculum

Publicacións