Aránzazu

Fuentes Ríos, Aránzazu

Doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura comparada

arantxa.fuentes@usc.es

Arantxa Fuentes Ríos é actualmente profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Referencia Competitiva GI-1371 (Teoría da literatura e Literatura Comparada) de dita universidade. As súas liñas principais de investigación comprenden a teoría da historia literaria do século XIX, redes culturais dos séculos XIX e primeira metade do XX, a cartografía literaria, a figura do poeta-crítico e a construción do espazo íntimo nos epistolarios. Desempeñou boa parte da súa carreira universitaria no estranxeiro. Profesora na Universidad da Bourgogne (Dijon, Francia) durante catro anos e becaria en predoutoral na Université du Maine e na Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o doutoramento europeo en 2006. Como resultado desta labor investigadora publicou a monografía científica La revisión modernista del pasado: Antonio Machado y T. S. Eliot (2009). A súa investigación beneficiouse de becas de distintos centros de investigación como La Casa de Velázquez ou o Centro Ramón Piñeiro para el Estudio de Humanidades. O seu percorrido posdoutoral conduciuna á University of Richmond (VA, EEUU) como Visiting Professor, onde afianzou o seu estudo da figura do poeta-crítico, especialmente nas figuras de José Ángel Valente, Octavio Paz e Juan Ramón Jiménez. Alí impartiu cursos de poesía trasatlántica, teoría da lírica ou poesía española contemporánea. Posteriormente, a raíz da súa participación en proxectos de investigación, incorporou ás súas liñas de traballo a cartografía literaria e a teoría do espazo literario. 

Nos últimos anos, sobre todo a raíz da súa estadía investigadora na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética ten traballado material inédito en distintos arquivos. Entre eles, ademais da Cátedra Valente, atópanse a Casa Unamuno, a Fundación Camilo José Cela, o Fondo Emilia Pardo Bazán, a Fundación Eugenio Granell e a Casa Museo Valle-Inclán onde se custodia o arquivo de Victoriano García Martí. A raíz disto, ademais de publicar diversos artigos científicos, viu a luz a súa edición crítica de Victoriano García Martí, Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963).

 No seu traballo con epistolarios ocúpase principalmente nas dinámicas entre espazo privado e espazo público. Ten participado en reunións científicas organizadas por distintas universidades estranxeiras e nacionais como a University of Virginia, Brown University, Université de Montréal, Université Sorbonne Nouvelle, Universidade de Porto, Universidad de Salamanca ou Universidad de Granada. Recientemente formou parte do comité científico do Congreso Internacional La época del espacio. Estado y nuevas perspectivas.