A investigarora María do Cebreiro Rábade Villar vén de ser recoñecida coa Bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais, unhas bolsas destinadas a apoiar proxectos de investigadores que se atopan en estadios intermedios da súa carreira e que forman parte do tecido que sustenta o sistema científico e cultural do país.
Neste espazo web queremos compartir algúns dos resultados da nosa investigación sobre a confluencia da memoria, o afecto e o lugar na obra de Rosalía de Castro. Aquí recóllense unha serie de cartografías e análises, en parte vinculadas ao ámbito das humanidades dixitais, que tratan de divulgar máis aló dos círculos estritamente académicos algúns dos resultados do traballo destes últimos anos.
Inaugúrase no Real Jardín Botánico-CSIC de Madrid unha mostra que subliña as plantas e flores que inspiraron gran parte da obra de Rosalía de Castro. A exposición é un dos resultados do proxecto de investigación "Cartografías do afecto e usos públicos da memoria: unha análise xeoespacial da obra de Rosalía de Castro”, do que é IP Fernando Cabo Aseguinolaza. Son comisarios da exposición, ademais de Fernando Cabo, María do Cebreiro Rábade Villar e María López Sández.