Seminario: Fantástico e monstruosidade (cancelado)
A Facultade de Filoloxía da USC ten previsto acoller os días 17 e 18 de marzo o seminario "Fantástico e mostruosidade", a cargo do escritor e crítico literario barcelonés David Roas Deus. O local será o salón de actos e o horario de 10h a 12h as dúas xornadas.
David Roas Deus (Barcelona, 1965) é un escritor e crítico literario español especializado en literatura fantástica. É profesor de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universitat Autònoma de Barcelona, onde dirixe o Grupo de Estudios sobre lo Fantástico (GEF). Na Historia natural de los cuentos de miedo menciónase en distintas ocasiones este autor, como crítico e narrador destacado do xénero fantástico en España. Segundo o xornalista e escritor Rubén Sánchez Trigos, Roas é «probablemente o maior especialista en literatura fantástica» de España.
O seminario abordará o seguinte programa: