Volver á listaxe

Seminario: Fantástico e monstruosidade (cancelado)

Seminario: Fantástico e monstruosidade (cancelado)

A Facultade de Filoloxía da USC ten previsto acoller os días 17 e 18 de marzo o seminario "Fantástico e mostruosidade", a cargo do escritor e crítico literario barcelonés David Roas Deus. O local será o salón de actos e o horario de 10h a 12h as dúas xornadas.

David Roas Deus (Barcelona, 1965) é un escritor e crítico literario español especializado en literatura fantástica. É profesor de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universitat Autònoma de Barcelona,​ onde dirixe o Grupo de Estudios sobre lo Fantástico (GEF). Na Historia natural de los cuentos de miedo menciónase en distintas ocasiones este autor, como crítico e narrador destacado do xénero fantástico en España.​ Segundo o xornalista e escritor Rubén Sánchez Trigos, Roas é «probablemente o maior especialista en literatura fantástica» de España.

 

O seminario abordará o seguinte programa: 

 

1. Hai literatura fantástica despois da Mecánica Cuántica? (O fantástico e o concepto de Realidade)

2. Cara a unha definición do fantástico

2.1. O imposible

2.2. O medo

2.3. Límites do fantástico: marabilloso, realismo máxico, ciencia ficción

3. Usos e abusos do monstro na ficción audiovisual postmoderna

3.1. O monstro fantástico e a súa evolución

3.2. Cara á a domesticación do monstro

Factor 1: Simpatía polo monstro

Factor 2: A asimilación da monstrosidade

Factor 3: O monstro muda de xénero