Volver á listaxe

Darío Villanueva publica unha retrospectiva do seu traballo académico en 'De los trabajos y los días: filologías'

Darío Villanueva publica unha retrospectiva do seu traballo académico en 'De los trabajos y los días: filologías'

O catedrático da USC recompila neste volume unha autografía intelectual, tres entrevistas e o seu curriculum vitae.

A editorial da Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar De los trabajos y los días: filologías, un volume no que o catedrático de Teoría da literatura e literatura comparada Darío Villanueva recolle boa parte da súa traxectoria académica e profesional.

 

Dividido en tres partes (unha autobiografía intelectual, tres entrevístas e o seu currículum vítae), estes "traballos e días" dan conta, en primeira persona ou no díalogo cos entrevistadores, dun incansable labor universitario en ámbitos plurais: desde as tradicións filolóxica ou teórica ata a "crítica pública", o cosmopolitismo das literaturas comparadas, a defensa e promoción da cultura humanística ou a xestión académica. En todos estes terreos, Darío Villanueva deixou unha pegada que se pode apreciar a partir da documentación de primeira man que este libro nos ofrece.

 

De los trabajos y los días: filologías está á venda na libraría online da USC.