Volver á listaxe

Darío Villanueva abre cunha conferencia inaugural os actos do 25º aniversario do Centro de Investigación Ramón Piñeiro

Darío Villanueva abre cunha conferencia inaugural os actos do 25º aniversario do Centro de Investigación Ramón Piñeiro

Será este sábado 19 de maio na sede do CIRP. O xoves 24 de maio Anxo Abuín presentará unha intervención de Manuel Portela e mais a investigadora Meri Torras, no acto de presentación do Dicionario de Termos Literarios, que se encadra neste calendario de celebracións.

 

 

No marco dos actos de conmemoración do 25 aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que se inauguran o sábado 19 cunha conferencia do director da RAE Darío Villanueva, participarán o profesor da USC Anxo Abuín, membro do grupo TLLC e do Grupo Performa, achegando unha intervención de Manuel Portela, e a profesora da UAB Meri Torras.

 

Este acto terá lugar o xoves 24 de maio entre 17.30 e 18.30, na sede do CIRP (Rúa San Roque, 2, Compostela), como presentación do DiTerLi (Dicionario de Termos Literarios).

 

Velaquí o programa completo:

 

Conferencia de apertura

19 de marzo de 2018

12,30 horas: conferencia inaugural a cargo de D. Darío Villanueva (Director da Real Academia Española), quen disertará sobre o tema “A voltas coa posverdade”.

 

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación literaria

24-25 de maio de 2018 (duración 12 horas)

Nestes dous días ofrecerase por parte de investigadores do Centro un repaso dos proxectos e estudos literarios levados a cabo ao longo destes 25 anos.

Día 24

  • 11,00-13,30 horas: Presentación dos proxectos de ARGAMED (Lírica profana galego-portuguesa, Prosa medieval e Cantigas de Santa María).
  • 13,30-14,30 horas: Debate.
  • 16,30-17,30 horas: Presentación proxectos de Literatura (Informes de literatura, Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos e Bibliografía da literatura galega).
  • 17,30-18,30 horas: Presentación dicionario de termos a partir de Que se entende por Literatura hoxe.
  • 18,30-19,00 horas: Descanso.
  • 19,00-20,30 horas: Debate.

Día 25

  • 12,00-13,00 horas: Presentación do proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”. 25 anos de Literatura infantil e xuvenil.
  • 13,00-14,30 horas: Debate.

 

E aquí a folla de inscrición.