Volver á listaxe

O herbario de Rosalía de Castro no Real Jardín Botánico de Madrid (19 febreiro - 25 marzo 2022)

O herbario de Rosalía de Castro no Real Jardín Botánico de Madrid (19 febreiro - 25 marzo 2022)

Inaugúrase no Real Jardín Botánico-CSIC de Madrid unha mostra que subliña as plantas e flores que inspiraron gran parte da obra de Rosalía de Castro. A exposición é un dos resultados do proxecto de investigación "Cartografías do afecto e usos públicos da memoria: unha análise xeoespacial da obra de Rosalía de Castro”, do que é IP Fernando Cabo Aseguinolaza. Son comisarios da exposición, ademais de Fernando Cabo, María do Cebreiro Rábade Villar e María López Sández.

 

Ademais, coincidindo co Día Internacional da Árbore e da Poesía, o 21 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre A imaxinación botánica das escritoras do século XIX, na que participarán as profesoras Catherine Davies, Pura Fernández, María López Sández e Solange Hibbs.