Actividades

Actividade aberta

Seminario: “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” A cargo de Annick Louis coa colaboración de Marcelo Topuzian

Datas: 14 e 15 de decembro de 2023

Nesta terceira edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Annick Louis (École des hautes études en sciences sociales, París), coa colaboración de Marcelo Topuzian (Universidad de Buenos Aires), tráennos o seminario “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” no marco do Proxecto de investigación «La inscripcion de la memoria cultural en el espacio publico: Estrategias de consumo institucional del pasado literario (1837-1978)» (PID2021-127259NB-I00, MCINN). A celebración deste será na sala B13 da Facultade de Filoloxía os días 14 e 15 de decembro entre as 11:30 e as 13:30.

Actividade pechada

VI Congreso Internacional PERFORMA

Datas: 25 de outubro de 2023

Celébrase o VI Congreso Internacional PERFORMA: "Ser espectador: modelos de recepción en la escena actual" entre os días 25 e 27 de outubro de 2023.

 

 

Actividade aberta

Pasaxes. Seminario de Mabel Moraña

Datas: 25 de maio e 5 de xuño

Nesta segunda edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Mabel Moraña, titular da Cátedra William H. Gass de Humanidades na Washington University in Saint Louis, propónnos a conferencia “Necropoéticas, necropolítica y los laberintos del género”. A celebración desta será na sala B13 da Facultade de Filoloxía o 25 de maio ás 11:00hs. Por outra banda, o luns 5 de xuño (10-13hs) a profesora Moraña ofrecerá un seminario aberto ao PDI e ao alumnado de doutoramento e mestrado na sala B13 titulado "Cuestiones migratorias. Des/re/territorializaciones, postnacionalismo y la dislocación del sujeto”. 

Actividade aberta

Pasaxes. Seminario de Sergio Blanco

Datas: 17 de abril de 2023

Nesta segunda edición de Pasaxes, o dramaturgo e director teatral Sergio Blanco propónnos, en primeiro lugar, unha conferencia titulada “Mirada sensible y contemporaneidad”. A celebración desta será no salón de graos da Facultade de Filoloxía o 17 de abril ás 11:00hs. Por outra banda, o martes 18 de abril entre as 10:00 e as 14:00hs ofrecerá un seminario aberto ao profesorado e alumano de doutoramento e mestrado na sala B13 titulado "La autoficción: una ingeniería del yo" no marco do proxecto PERFORMA.

Actividade aberta

Encontros do Grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada

Datas: 18 de outubro de 2022

Próxima realización dun “Encontro do Grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada” para o día 18 de outubro de mañá (10:00-14:30) na Faculdade de Filoloxía (aula B13). Un encontro entendido como unha valiosa oportunidade para dialogar con colegas que traballan nunha liña afín aos intereses do alumnado e profesorado desta facultade como é, neste caso, a perspectiva de xénero e a literatura escrita por mulleres.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividade pechada

Seminario Hermes 2021

Datas: 24 e 25 de xuño de 2021

Hermes Consortium for Literary & Cultural Studies Virtual Seminar “Space, Affect, Memory: Performances and Representations”. 24 e 25 de xuño de 2021. Organización: Fernando Cabo Aseguinolaza, César Domínguez e Tomás Espino.

 

Máis información: https://hermes.au.dk/previouslyheldsem

 

Actividade aberta

Pasaxes. Seminario permanente de Teoría da literatura e Análise cultural

Datas: 13 de outubro, 8 de novembro

Pasaxes. Seminario permanente de Teoría da literatura e  Análise cultural é unha iniciativa da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da  Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Investigacións Bibliográficas da Universidade Nacional Autónoma de México. Ten por finalidade converterse nun foro propicio para o intercambio de ideas con especialistas en estudos literarios e culturais.

 

Actividade aberta

IX Simposio ASETEL: "Pensar os medios: xéneros, dispositivos e estratexias"

Datas: 7 - 8 outubro 2021

As actividades do IX Simposio de ASETEL (conferencias, ponencias e debates) tratarán do indubidable contaxio teórico-práctico entre a literatura e outros medios de comunicación, da idea de novidade que adoita aparecer en calquera interrogación sobre os new media máis alá do soporte analóxico ao dixital, da brevidade como espazo privilexiado para a xenología que nos obriga a cuestionar o aspecto «material» e pragmático do concepto de literatura, e do estado das investigacióms literarias e culturais baixo unha óptica global.

O IX Simposio de ASETEL atende estes asuntos e ofrécese como espazo de reflexión sobre a actualidade e visibilidade da propia disciplina na sociedade dos medios; as relacións intermediais e transxenéricas en contornos e formatos que nos obrigan a cuestionarmos determinadas concepcións auráticas e institucionais da literatura; o debate terminolóxico e clasificatorio das formas breves contemporáneas, as súas coordenadas transxenéricas, o seu carácter híbrido e a súa apertura a fenómenos tecnomediáticos; e os aspectos socioeconómicos e culturais que condicionan os estudos literarios desde distintas perspectivas (estadounidense, europea e española).

 

Coordinadores: Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar.

 

Sede do Simposio: Facultade de Filoloxía (Salón de actos), Universidade de Santiago de Compostela