Seminario "Pensando o Novo Cinema Galego (NCG)"
Datas: 14 e 15 de setembro de 2017 Actividade pechada
A Facultade de Filosofía e a sala de cinema Numax acollen estas conferencias abertas ao público que teñen como obxectivo achegarse desde un punto de vista crítico ás formas contemporáneas do audiovisual galego
"Pensando o novo cinema galego (NCG)" é unha actividade aberta a público, organizada polo Centro de Estudos Fílmicos (CEFILMUS) e o grupo de investigación Performa, que trata de achegarse dun xeito estético e multidisciplinar ao noso audiovisual. Cunha serie de conferencias, que se celebrarán os días 14 e 15 de setembro, analizarse en profundidade e dun xeito crítico o fenómeno audiovisual que se ven dando en Galicia na última década, co xurdimento dunha produción cinematográfica sen precedentes, tanto desde un punto de vista cuantitativo como cualitativo.
As xornadas inaguraranse o xoves 14 ás 10:00, nun acto aberto ata completar o aforo, e se desenvolverán en horario de mañá e tarde entre a Facultade de Filosofía e a sala Numax, cun programa no que se abordarán, a través de conferencias e proxeccións, cuestións relacionadas co NCG. Ademais, na sesión do venres 15, ás 17:00, presentarse Curtocurcuíto´17, unha nova edición dun dos festivais de cinema de referencia en Galicia.