Volver á listaxe

III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales (CIJIET)

Datas: 24, 25 e 26 de outubro de 2018 Actividade pechada

Aberta a convocatoria para participar no III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales (CIJIET), que se celebrará na USC os días 24, 25 e 26 de outubro. O prazo para presentar propostas de comunicacións e paneis temáticos remata o 13 de maio de 2018.

III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales (CIJIET)

III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales (CIJIET) celebrarase os días 24, 25 e 26 de outubre na Universidade de Santiago de Compostela. Ante o éxito colleitado durante a segunda edición do CIJIET na Universidade de Murcia, a convocatoria de 2018 proponse abrir unha nova etapa, amparada nun contexto xeográfico diferente, que permita seguir conectando manifestacións artísticas da periferia peninsular.

 

Esta tercera edición preséntase de novo como un espazo de intercambio de coñecementos e relacións humanas entre novos investigadores dedicados ao campo dos estudos teatrais. A nosa vontade é facer perdurar un espírito que aúne o estudo crítico e a creación artística. Para isto contaremos con comunicacións, sesións plenarias, paneis temáticos, actividades paralelas como representacións teatrais e talleres; todos eles destinados a profundizar en temas relevantes dentro deste ámbito de estudo.

 

O III CIJIET enmárcase, así mesmo, en AJIET, a Asociación de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales, fundada en outubro de 2017 na Universidade de Murcia (España), sede onde se xestara a iniciativa dun congreso anual dedicado a novos investigaciones en Estudos Teatrais e onde se celebraron as súas dúas primeiras edicións. Actualmente, AJIET atópase en proceso de constitución e celebrará a súa primeira asemblea ordinaria no marco do III CIJIET. AJIET nace co obxectivo de promover os Estudos Teatrais en España desde a investigación moza, construíndo desde o colectivo cauces que enfaticen e fomenten este campo de estudos. Por iso, comprométese á organización anual de CIJIET, segundo as características que promoven os seus estatutos, así como o apoyo e fomento de outras accións académicas, do intercambio entre investigadores de diferentes universidades e do encontro entre o ámbito académico e a creación escénica, especialmente en relación coas novas investigacións.

 

O congreso acollerá comunicacións e paneis temáticos relacionados cos estudos teatrais en torno ás seguintes liñas:

  • Textos dramáticos: estudos sobre poéticas dramáticas, dramaturxia, adaptacions, versións, traducións ou calquera outro aspecto relacionado co texto teatral.

  • Teatro e estudos culturais: estudos enmarcados na antropoloxía, socioloxía, pedagoxía, historiografía e recepción teatral, así como teatro queer, teatro e feminismo ou teatro e postcolonialismo, ou ben outros relacionados co teatro e o político.

  • Representación e posta en escena: estudos sobre interpretación, evolución da posta en escena, novas metodoloxías escénicas e práctica como metodoloxía de investigación, así como aqueles relacionados co espazo teatral, música e outros elementos da posta en escena.

  • Teatro e performance: estudos relacionados coa ruptura das barreiras disciplinarias tradicionais, como as artes de acción, a ocupación de espazos públicos, o mini-teatro, o teatro ou a danza de calle, as performances poéticas ou o teatro e os medios tecnolóxicos, etc.

  • Teatro comparado: visións comparativistas que aúnen aspectos das liñas anteriores: a adaptación do texto dramático e a súa posta en escena, diferentes producións teatrais dun texto dramático ou dun autor, análisis contextuais.

 

A dirección deste congreso está a cargo de Belén Tortosa e Cristina Tamames, e nel colaboran o grupo de investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, canda o proxecto de investigación Performa, o Master Erasmus Mundus "Crossways in Cultural Narratives" e o Centro Dramático Galego. 

 

O prazo para a recepción de propostas péchase o vindeiro 13 de maio. Máis información e bases de participación na web do congreso