Grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC

Benvida, benvido á páxina do grupo de investigación en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371), pertencente ao Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC. Neste espazo ofrecemos a oportunidade de coñecer mellor o traballo do noso equipo, as nosas liñas de investigación e as publicacións e actividades que leva a cabo o grupo.

Actividades

  • Seminario Pasaxes: Jorge Dubatti

    6 e 8 de maio de 2024

    Nesta terceira edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, o especialista en estudos teatrais Jorge Dubatti (Universidad de Buenos Aires), propónnos a conferencia “Acontecimiento teatral y territorialidad”. O acto celebrarase na sala B03 da Facultade de Filoloxía o 6 de maio ás 12:00hs. Ademais, o mércores 8 de maio (12-14hs) o profesor Dubatti ofrecerá un seminario aberto ao PDI e ao alumnado de doutoramento e mestrado na sala B13titulado “Filosofía del Teatro y Estudios Comparados de Expectación”. 

  • Conferencia de Kamil Seruga o 19 de abril

    19 de abril de 2024

    Conferencia de Kamil Seruga o 19 de abril na Facultade Filoloxía da USC no marco do Grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A conferencia titulada "Identidades que importan. Apuntes sobre los estudios de género y queer en la literatura actual en español" terá lugar no Salón de Graos ás 12:00hs.

Novas

Publicacións